Wednesday 15 de May de 2024

Programa Emprende en Feminino curso “Limpeza de superficies”


O Concello de Fene, en base ao Convenio asinado ca Fundación Amigos de Galicia no ano 2023, vai desenvolver a través do Departamento de Benestar Social un curso denominado “Limpeza de superficies” que está enmarcado no Programa Emprende en Feminino.

Os contidos da formación a nivel xeral van a ser os seguintes:
• Conceptos xerais.
• Funcións xerais e específicas do/a técnico de limpeza
• Tipoloxías de limpezas
• Prevención de riscos específicos

As datas do curso son as seguintes:
• Os días 6,7,8,9,10 e 13 de novembro

Os horarios das sesións serán os seguintes:
• De 09:00 horas a 14:00 horas

O lugar de celebración do curso será:
• Aula do Departamento de Cultura e Deportes sita en Avda. Naturais, nº44, entresollado dereita, 15500, Fene.

As persoas participantes no curso son:
• As mulleres seleccionadas a través dos programas de integración laboral do Concello de Fene en coordinación ca técnica de de Inclusión Social do Consorcio.

Novas participantes:
• Si estás interesada en realizar esta formación podes poñerte en contacto con Servizos Socias do teu Concello